11 septiembre, 2024
Con orgullo e loitando ata o final. A Selección Galega caeu ante Cataluña (3-1) no seu regreso ás pistas. A cita, que se celebrou no pavillón de Santa Coloma de Gramenet, foi unha oda ao fútbol sala, con dous equipos que saíron dispostos desde o primeiro segundo a ofrecer todo un espectáculo. Galicia logrou adiantarse no marcador, Cataluña empatou na recta final da primeira parte e de novo as locais sentenciaron na recta final do partido. e o 2-1 definitivo na segunda parte. As nosas están de volta e cun nivel altísimo.
A primeira parte foi frenética. Ambos os equipos imprimiron un ritmo moi alto ao xogo e a cita converteuse nun correrrúas con ocasións para as dúas seleccións.
Galicia avisou cun lanzamento de Candela que se marchou fóra por pouco e Cataluña tamén puido adiantarse no marcador, pero o lanzamento de Arantxa tamén se marchou fóra por pouco.
As nosas lograron poñerse por diante nas electrónico grazas ao tanto de Nere Moldes, quen cun zapatazo desde fóra da área anotou o 0-1 cando restaban cinco minutos para o descanso. Xa na recta final do primeiro acto, e nunha acción a balón parado, Arantxa empatou o encontro.
Co empate (1-1) chegouse ao descanso no pavillón de Santa Coloma de Gramenet.
Na continuación, e con todo por decidir, o ritmo non baixou e ambos os equipos fóronse arriba con todo co obxectivo de desequilibrar a balanza, aínda que as ocasións de gol non foron claras.
Na recta final, o encontro foi unha tolemia. Cataluña tivo o 2-1, pero Bet non foi quen de definir diante de Aroa, a gardarredes galega. Acto seguido, Claudia acariñou o tanto galego, pero o seu zapatazo pegou no poste esquerdo da meta catalana.
Así, o tanto acabou caendo do bando local, Júlia Peña puxo por diante a Cataluña ao finalizar unha gran acción individual de Torres cun remate a pracer no segundo pao. Malia todo, Galicia non tirou a toalla e Candela tivo o empate cun disparo que sacou Mariona.
Ficha técnica
CATALUÑA
Anna Muniesa, Bet Carrasco, Collado, Arantxa Medina e Marina Benete. Tamén xogaron Mariona, Peña, Bet Santamaría, Torres, Guix, Rojo, Montufo e Estela.
Seleccionador: Jordi Barrero.
GALICIA
Patri Arruti, Candela, Martita, Marta Figueiredo e Nere Moldes. Tamén xogaron Area, Chiky, Cris, Vero, Claudia, Judith e Ana Rivera.
Seleccionadora: Bea Seijas.
ÁRBITROS: Sara Escoda Balagueró e Brian Torquemada Martínez.
0-1 | Nere Moldes, min. 15.
1-1 | Arantxa, min. 18.
2-1 | Júlia Peña, min. 35.
3-1 | Bet Carrasco, min. 39.
Partido amigable disputado no Pavillón de Santa Coloma de Gramenet.
GALERÍA: