13 octubre, 2025
Outubro será un mes moi especial para a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), que quere sumar o seu gran de area na loita contra o cancro de mama. A Real Federación Galega de Fútbol, dentro do seu marco de Responsabilidade Social Corporativa, pon en marcha dúas accións solidarias co obxectivo de apoiar á Asociación Española contra o cancro (AECC).
Camisola Solidaria
Co gallo da conmemoración do «Día Mundial da loita Contra o Cancro de Mama», que se celebra o 19 de outubro, a RFGF pon á venda unha camisola solidaria. A nosa camisola especial de “Terra Galega” tínguese de rosa, para apoiar a loita contra esta enfermidade, xa que o 100% dos beneficios obtidos coa súa venda irán destinados á Asociación Española contra o cancro.
As camisolas xa están á venda na nosa tenda oficial tenda.futgal.es onde poderán mercarse ata o vindeiro 31 do mesmo mes.
Xornada de goles solidarios
O 18 e 19 de outubro o fútbol e fútbol sala galegos converteranse nun campo solidario. Por cada gol marcado nas seguintes competicións da categoría sénior a Real Federación Galega de Fútbol doará 1€ á AECC:
Unha maneira simbólica e emocionante de transformar cada gol nun xesto de esperanza.
Con estas iniciativas, a RFGF quere implicar a todo o fútbol galego (clubs, xogadores/as, árbitros/as e afección) nunha causa común, dar visibilidade, apoio e recursos á investigación e á loita contra esta enfermidade.
Animemos con todas as forzas aos nosos equipos para que nesta xornada marquen máis goles que nunca!
Porque cando o fútbol galego se une marcamos o gol máis importante: o da solidariedade.