A Federación Española fixo hoxe oficial a clasificación da Selección Galega para a Fase Intermedia da Copa Rexións UEFA logo de prosperar o recurso presentado
1 diciembre, 2025
A Selección Galega será unha das oito que estará no sorteo da Fase Intermedia da Copa Rexións UEFA (Regions Cup). Así o fixo oficial a Federación Española esta tarde logo de que prosperase o recurso presentado no partido contra Andalucía. Deste xeito, ese partido rematou co marcador de 3-0 a favor de Galicia, quedando a clasificación do grupo seguinte xeito:
Deste xeito Galicia pasa como primeira de grupo e pode ter a vantaxe de xogar como local a eliminatoria da segunda fase. Tres primeiros xogarán na casa contra os tres segundos clasificados, pero hai dous primeiros que deberán enfrontarse entre si e será o sorteo o que determine quen xoga como local.
Navarra, A Rioxa, Cataluña, Canarias e Galicia son os cinco clasificados como primeiros de grupo mentras que Asturias, País Vasco e Aragón (vixente campión) pasaron á segunda fase como os tres mellores segundos.
A Fase Intermedia disputarase os días 28 e 29 de xaneiro.
No seguinte enlace pódese consultar o cadro completo das clasificacións dos cinco grupos da Primeira Fase: CLASIFICACIÓNS