25 abril, 2024
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, recibiu aos dous alumnos do Compostela judo club, Nico Rial e Lucas Santamaría, tras conseguir estos dúas pratas nacionais no Campionato de España de loita Sambo, que tivo lugar en Madrid.
Os dous sambokas viaxaron coa selección galega clasificados na categoría escolar e cadete, realizando un torneo impecable e demostrando o alto nivel dos clubs deportivos galegos.
«Parabéns tamén ao resto de judokas do Compostela Judo Club, con sede nos Tilos, xa que conseguiron ata sete medallas no Campionato Galego celebrado recentemente en Lugo», destacou o Concello.