1 octubre, 2024
ROSA DEL CIEL
Claudio Monteverdi e o xesto músico-teatral
ROBERTA INVERNIZZI soprano
MARCELLO NARDIS tenor
ARS ATLÁNTICA
MANUEL VILAS dirección / arpa doppia
SARA RUIZ viola da gamba
MANUEL MINGUILLÓN arquilaúde
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
Martes 2 outubro 2024
20.30h
Se hai algunha época da historia da arte que fale e reflexione sobre as paixóns mundanas, sacando o peor e o mellor do ser humano, esa é, sen dubidalo, o Barroco: todo ese torrente de paixóns humanas atopámolo traducido de moi diversas maneiras na pintura, poesía, escultura, teatro e música desta época. Falar destes conceptos no teatro musical do século XVII é falar dun dos compositores máis xeniais da historia da música: Claudio Monteverdi. Monteverdi soubo reunir coma ninguén xesto, palabra e música, logrando un resultado artístico que nos axita e conmove 400 anos despois. O conxunto Ars Atlántica, creado e dirixido polo arpista compostelán Manuel Vilas, reedita a súa colaboración con outra artista extraordinaria, a soprano italiana Roberta Invernizzi, nunha nova entrega dos seus inesquecibles encontros musicais no Festival Ateneo Barroco, nesta oportunidade arredor da inigualada imaxinación e humanidade de Claudio Monteverdi. A teatralidade é, sen dúbida, unha das formas de expresión, de representación, máis característica da música e este programa monográfico dedicado a Claudio Monteverdi pretende ser un auténtico exercicio de teatralidade, non só por conter escenas das súas tres óperas, L’Orfeo, Il ritorno d’Ulisse in patria e L’incoronazione di Poppea, obras mestras absolutas do xesto músico-teatral, senón por centrarse tamén nalgúns dos seus madrigais, que se conciben aquí como se fosen auténticas óperas en miniatura onde cada cal pode chegar a recoñecerse, lembrarse ou verse reflexado.
PROGRAMA
Claudio Monteverdi (1567-1643)
Zefiro torna (Scherzi musicali, 1632)
Rosa del Ciel
solo de Orfeo (L’Orfeo, 1607)
Signor quell’infelice
solo de Proserpina (L’Orfeo, 1607)
Duri e penosi son gli amorosi e fieri desir
dúo de Melanto e Eurimaco (Il ritorno d’Ulisse in patria, 1640)
Vi ricorda oh boschi ombrosi
solo de Orfeo (L’Orfeo, 1607)
Disprezzata Regina
solo de Ottavia (L’incoronazione di Poppea, 1642)
Soave libertade (VII Libro de Madrigali, 1619)
Tempro la Cetra (VII libro de Madrigali, 1619)
Voglio di vita uscir (1632)
Pur ti miro
dúo de Poppea e Nerone (L’Incoronazione di Poppea, 1642)