O equipo de Ambar estivo acompañado durante o acto de Luis Pérez Barral, Alcade do concello de Ribeira e Xabier Vidal Peón, concelleiro de deportes. Xabier Vidal, agradeceu á asociación polo seu traballo cos usuarios e familias máis pola promoción de esta proba e a implicación noutras pobras diferentes que se desenvolven durante o ano.
Luís Pérez alabou o labor e implicación de Ambar, “porque sen esa implicación non sería posible que Ribeira fora pioneira en este tipo de probas”. Tamén agradeceu ao tecido empresarial de Ribeira por colaborar demostrando unha inportante sensivilización social.
As inscricións da carreira permanecerán abertas ata o martes día 9 ás 23:59h. Pode realizarse na páxina cronotec.es e na mesma plataforma está dispoñible a posibilidade de facer unha doazón solidaria a través do Dorsal 0.
O evento terá lugar o domingo 14 de xullo ás 10:00h na explanada de Coroso – Ribeira. Como complemento ás modalidades das categorías absoluta e inclusiva da carreira tamén se ofrece a posibilidade de realizar unha Andaina con mascotas, a cal iniciará dez minutos despois de comezar a carreira e consta dunha distancia de 3,3 km.
Décimo aniversario
Esta edición será moi especial xa que a Carreira pola Diversidade cumpre 10 anos. Para celebralo vai a actuar o grupo “Leite con Jalletas” amenizando o día ca súa música e tamén outra actuación de batukada da man da Academia barbanzana “Boa Vibra”.