22 agosto, 2024
Vimianzo celebrará o vindeiro domingo 8 de setembro a undécima edición do Día da Bicicleta, unha iniciativa coa que se promove o seu uso como unha actividade deportiva saudable e un medio de transporte sostible.
Trátase dunha pequena marcha cicloturista de 11 quilómetros na que as familias percorrerán diferentes rúas do núcleo urbano e por lugares próximos á vila, diseminados polo Val de Vimianzo.
O punto de concentración será a praza do Concello, ás 10:30 horas, e a saída realizarase ás 11:00 horas desde este lugar.
A actividade está dirixida para todos os públicos, pero os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto. Así mesmo, o uso de casco será obrigatorio para todas as persoas que participen na actividade, que deberán inscribirse previamente a través de www.vimianzo.gal.
A actividade é completamente gratuíta e o prazo límite de inscrición é o venres 6 de setembro.