21 octubre, 2024
As participantes nas clases de cerámica impartidas por Raposiñas xa teñen na casa as pezas elaboras polas súas propias mans. Esta é unha das actividades impulsadas pola Concellaría da Participación Veciñal da Pobra do Caramiñal ao abeiro do programa Feito coas túas mans para contribuír a revitaliza-lo rural, crear comunidade e potencia-la creatividade.
Floreiros, pratos, cuncas, bandexas e, incluso, un nacemento foron algúns dos obxectos ideados que recolleron na tarde do venres 18, tralo proceso de secado, se ben as leccións se desenvolveron aos mércores do mes de setembro no muíño da Ponte Barbanza. A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, desprazouse ao acto de entrega para comproba-los resultados e a percepción das asistentes.
Os obradoiros continúan con SonAgasallo para ensinar a traballa-la madeira, aos mércores do mes de outubro, no local de Santo Isidro, e a confección de xabóns virá da man de Flow de Meiga, aos mércores do mes de novembro, na Angustia.
As prazas xa están totalmente cubertas dende a presentación destas aulas no mes de abril.