Valga celebra o Día da Reciclaxe para concienciar sobre importancia da correcta separación de residuos
C.V.
11 noviembre, 2025
Con motivo da campaña sobre reciclaxe de téxtiles e aceite doméstico usado que o Concello desenvolveu durante as últimas semanas para concienciar sobre a importancia de separar estes dous tipos de residuos, Valga celebra o gran día da reciclaxe.
Terá luar este venres, día 14, de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas na Praza Manuel Vicente Cousiño e no Edificio de Usos Administrativos cunha chea de actividades sobre reciclaxe.
Percheiro de intercambio de roupa. Trae cinco prendas ou accesorios (camistas, vestidos, roupa infantil, bolsos, chaquetas, cinturóns…) que estean en bo estado, lavados e pranchados e que creas que lle poden gustar a outras persoas para o intercambio. Renova o teu armario sen gastar un euro e sen xerar residuos.
Obradoiro de estampación de camisas e camisetas usadas (de 17:00 a 20:00 horas). Dalle unha nova vida ás túas prendas mediante a técnica da estampación.
Zona de troco de obxectos usados.Trae obxectos que non uses (xoguetes, pequenos electrodomésticos, ferramentas, artigos decorativos…) e cámbiaos por outros dos que teñamos na zona de trocos.
Mesa de concienciación sobre aceites usados de cociña. Con mostras dos produtos que poden facerse reciclando aceite doméstico usados (xabóns, biodiesel…) e información sobre a problemática dunha mala xestión.
Reparto de embudos á cidadanía para facilitar a reciclaxe de aceite doméstico usado.
Mesa de concienciación sobre reciclaxe de téxtiles. Con mostras e ideas do que se pode facer para que estes residuos non acaben no contedor do lixo.
Mesa de compostaxe e biotrituración. Con información sobre a elaboración de compost a partir de residuos orgánicos. Con mostras de abono, estruturantes, té de compost… Falaremos sobre a vermicompostaxe e faremos exhibicións dunha biotrituradora.
Reparto de imáns con información sobre a correcta separación dos distintos tipos de residuos.
Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio.
Funcionales
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.