18 junio, 2024
Hoxe, a veciña de Deixebre, Esperanza Cao Blanco, uniuse ao grupo de centenarios en Oroso. Nacida en Barbeiros (Ordes) e casada con Manuel Veiras de Oroso, agora falecido, Esperanza reside na parroquia de Deixebre mantendo unha saúde excelente. Aos seus cen anos, pasea dous quilómetros diarios e apenas necesita medicación, tras unha vida sendo labrega.
É nai de José, Jesús e Josefina, quen reside con ela xunto ao seu xenro Ramón. Ademais, é avoa de 8 netos e bisavoa de 7 bisnetos.
O alcalde Alex Doval, en representación do concello, transmitiu unha forte aperta tanto a Esperanza como a toda a súa familia.