3 julio, 2024
A pintura volve engalana-las paredes da casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal coa exposición colectiva Inquedanzas IV.
Esta mostra atópase integrada por obras realizadas por alumnado de Paola García nas clases que se desenvolven na referida instalación municipal. Ángela Campaña, Andrés Bernal, Margot Fernández, Elena Pazos, Lola Seráns, Ana Trigo, Asun Rodríguez, Carmen González, Josefa Seráns, Ana Rubio, Elena Moure e Carmela Fernández asinan estes cadros.
O acto inaugural terá lugar no xoves 4, ás 20.30 horas, e contará coas intervencións da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e parte das artistas. Haberá tamén actuación musical a cargo das Rianxeiras da Covecha.
A entrada é libre ata completa-la cabida.