Suarez-Puerta explicou que “é un produto novidoso que imos a facer este ano no que se pretende ensalzar a nosa tradición, a cultura e a música. Precisamos que os que acudan a visitar Ribeira e a propia veciñanza teñan a oportunidade de coñecer de primeira man os mitos e lendas da nosa terra; coma galegos que somos, temos unha conexión ca historia disolta na mitoloxía e nas lendas que viaxaron no tempo de xeración a xeración co lume coma testigo”.
Tonhino de Poi fixo una pequena reflexión sobre o transcendental da vida en sintonía ca natureza nos pobos.
Ao final do percorrido mitolóxico haberá música con Tonhito e petiscos.
Información:
· Saídas o 12 de xullo, 3 e 24 de agosto, 14 de setembro de 19.30 a 22.30h
· Prazas limitadas: 60 px
· Oficina de Turismo do Malecón (Ribeira) 981 873 007