Un ano máis, a Concellaría dos Servizos Municipais da Pobra do Caramiñal decide contar coa Ecobrigada de Amicos para a roza e limpeza dos camiños e marxes das estradas municipais.
Continúase así apostando pola inserción laboral de persoas con diversidade funcional.
Outras dúas empresas atópanse tamén realizando traballos de retirada da vexetación nas estradas. Para iso, reforzouse a partida orzamentaria cunha asignación de 90.000 euros anuais para estes labores, ademais de contar con 50.000 euros do remanente da Tesouraría aprobados a finais do ano pasado.