Intervención ambiental na zona que rodea á Ponte Carollo na parroquia de Cardama
3 noviembre, 2025
O Concello de Oroso, en colaboración coa entidade autonómica Augas de Galicia, vén de executar unha importante intervención ambiental na zona que rodea a ponte de Carollo, parroquia de Cardama, cunha dobre finalidade: conservar o dominio público hidráulico e garantir a seguridade e a correcta funcionalidade do cauce.
As tarefas, solicítadas polo Concello ao organismo hidráulico autonómico, centráronse na retirada de árbores caídas, ramas secas e biomasa acumulada nas márxenes e no propio leito do río, ademais de outros labores de limpeza e mantemento da contorna fluvial que permitirán un mellor discorrer das augas e reducir o risco de atascos e inundacións.
Esta actuación forma parte do programa de conservación e mellora dos leitos e do dominio público hidráulico que Augas de Galicia leva a cabo en diversas bacías de Galicia-Costa para favorecer a libre circulación das augas, mellorar o estado do ecosistema fluvial e protexer as infraestruturas ribeiregas.
Dende o departamento de Medio Ambiente co Concello subliñouse que “actuacións coma esta non só melloran o ribeiro desde o punto de vista paisaxístico ou ambiental, senón que tamén aportan seguridade aos veciños, evitan acumulación de restos que poidan provocar cheas e favorecen un mantemento sostible da canle do río”.
Dende Augas de Galicia lembran que a colaboración cos concellos é esencial para acadar un bo estado dos cauces e que estas tarefas —como a retirada de madeira morta, a limpeza de márxenes e a roza selectiva— son unha peza clave para protexer o ciclo natural do río e as infraestruturas limítrofes.
(de i. a d.) El piloto británico del equipo McLaren Lando Norris, líder del Mundial de Fórmula Uno; su compañero australiano Oscar Piastri -segundo en la general- y el cuádruple campeón del mundo neerlandés del equipo Oracle Red Bull Racing Max Verstappen -tercero en el certamen- en una imagen de archivo durante el pasado Gran Premio de España, en el circuito de Barcelona-Cataluña, en Montmeló (Barcelona). EFE/Siu Wu