Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Touro, Jesús Reboredo, visitou o Concello para comprobar o funcionamento do novo punto limpo móbil municipal
9 noviembre, 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Touro, Jesús Reboredo, visitou o Concello para comprobar o funcionamento do novo punto limpo móbil municipal posto en marcha polo concello grazas a un apoio da Xunta de case 60.000 euros destinado a favorecer a prevención, a recollida separada e a adecuada clasificación dos residuos, concedida en concorrencia competitiva por anticipado de gasto.
Ademais, o feito de contar cunha bandeira verde contribuíu a sumar puntos á hora de acceder a esta axuda.