31 octubre, 2024
Hoxe tomaron posesión dos seus cargos un total de 12 traballadores e traballadoras municipais tras rematar os procesos selectivos correspondentes á Oferta de Emprego Público (OEP) 2022 Extraordinaria ou de Estabilización.
Os nomeamentos corresponden aos seguintes postos: monitor socorrista (2), auxiliar administrativo (6), psicóloga da Unidade de Condutas Adictivas (UCA), ordenanza conserxe de instalacións deportivas, traballadora social e técnica de información e turismo. Ao acto de hoxe asistiron o alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Persoal, Belén Lendoiro, e a secretaria accidental, Susana Mariño.
Antes de fin de ano, o Concello de Carballo completará o proceso de estabilización laboral, que supera os oitenta postos.