13 noviembre, 2025
O Concello de Santa Comba preparou unha programación especial con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se desenvolverá do 20 ao 29 de novembro e inclúe charlas, espectáculos e actividades educativas dirixidas a públicos de todas as idades.
A programación arrancará o 20 de novembro no IES Terra do Xallas, ás 10.50 horas, cunha charla informativa sobre agresións e violencia sexuais destinada ao alumnado de 3º da ESO. A sesión abordará a identificación dos distintos tipos de violencia sexual e a importancia dunha educación afectivo-sexual que contrarreste a influencia da pornografía.
O 21 de novembro, ás 11.00 horas, o CPR Plurilingüe Nuestra Señora Inmaculada acollerá o espectáculo Cantos e contos para a igualdade, da compañía Xoaniña Creativa, que promove valores igualitarios a través da música e a narración oral.
Xa o 23 de novembro, ás 19.00 horas, o Multiúsos será escenario de Sobria e serena, el chou, un espectáculo de monólogos, escenas e cancións interpretado polas actrices Jazmín Abuín e Arantxa Treus, que ofrece unha viaxe humorística e reflexiva pola vida e a visión feminina do mundo.
O propio 25 de novembro, data central da conmemoración, haberá dúas citas destacadas. Ás 10.00 horas, no CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña, representarase A pita xefa, un espectáculo de monicreques da compañía Títeres Alakrán dirixido ao público infantil. Xa pola tarde, ás 15.00 horas, na Casa do Concello, celebrarase o acto institucional coa colocación do lazo, símbolo do compromiso municipal na loita contra a violencia machista.
A programación pecharase o 29 de novembro, ás 17.00 horas, no Multiúsos, coa obra infantil Bulebule, da compañía Náufragos Teatro, que, da man da enérxica Candela, explora os camiños da igualdade e o esforzo das mulleres por derrubar barreiras.
El único ejemplar de gorila de llanura (Gorilla gorilla gorilla) -una especie catalogada en peligro crítico de extinción- nacido en España en 2025 y el segundo de Europa, es un macho que vino al mundo en el parque zoológico Bioparc de Fuengirola (Málaga), donde se ha abierto una votación para elegir su nombre. EFE/Bioparc Fuengirola