4 agosto, 2024
Esta semana presentouse o mural solidario realizado por Art for Dent, por Fernando o pai de Hugo, o neno afectado coa enfermidade de Dent en Brión, na piscina municipal do concello.
Estiveron acompañados de varios membros da corporación municipal, do Alcalde Pablo Lago e de representantes da empresa de pinturas Procolor (Carlos Garrido) e Composcolor (Miguel Vecino) que levan apoiando e donando todo o material necesario para realizar estos murais solidarios desde o 2020.
Esta iniciativa solidaria “aDentrArte” forma parte do proxecto artístico da asociación para dar visibilidade á enfermidade de Dent desde 2020. Son murais realizados 100% de xeito solidario, coa pintura donada, a man de obra da asociación, o apoio dos concellos e no caso de ser necesario, contan tamén co apoio da empresa de Padrón, Grúas Estación e por suposto de Reizentolo, empresa que colabora tamén desde o 2020 comercializando e producindo os produtos e camisetas solidarias, e que posteriormente destinan os beneficios á conta do proxecto de investigación da enfermidade de Dent no NefroChus, no IDIS en Santiago de Compostela.
Uns murais que sirven para seguir dando visibilidade a unha enfermidade rara que necesita moito apoio para ser investigada e que supoñen un coste 0 tanto para administración como para a asociación que conta coa colaboración das empresas solidarias mencionadas.
Desde Art for Dent agradecen a implicación neste caso do Concello de Brión polo apoio e facilidade para poder realizar este mural, gracias tamén ó obradoiro de emprego que estaban realizando tarefas de mantemento e propuxeron a idea do mural, e gracias a Procolor polo material e a Reizentolo por seguir sendo un pilar fundamental solidario.
Seguirán deixando pegadas solidarias e de visibilidade da enfermidade de Dent nas paredes onde lles permitan e cedan as paredes solidariamente.