31 octubre, 2025
A antiga fábrica de salgadura de Castiñeiras, situada xunto á praia do Castro-A Catía, será revitalizada para converterse nun espazo de interpretación da paisaxe e recurso cultural e turístico, segundo avanzou hoxe a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, durante a visita ao inmoble.
Na xornada participaron tamén a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, así como os concelleiros locais de Mar e de Medio Ambiente, Fernando Abraldes e Víctor Reiriz, respectivamente. A visita serviu tamén para presentar o Catálogo de bens de valor cultural no litoral aprobado recentemente pola Xunta de Galicia.
O proxecto, incluído no Plan de Sostibilidade Turística de Ribeira e financiado con fondos Next Generation, conta cun orzamento de uns 150.000 euros. O deseño prevé consolidar a edificación existente e poñer en valor as pilas de salgadura, ao tempo que se instalarán unha serie de estruturas de balancín que funcionarán como miradoiro, reforzando o vínculo do inmoble co mar.
A iniciativa busca reproducir o mecanismo característico da industria da salgadura do século XIX, permitindo ao público comprender e apreciar o patrimonio industrial e paisaxístico da zona, ao tempo que se promove un uso cultural e turístico da nave histórica.
No mes de xuño de 1982 o Parlamento de Galicia trasladouse provisionalmente ao Pazo de Fonseca, cedido pola Universidade de Santiago de Compostela. Parte das dependencias administrativas continuaron nos baixos do Pazo de Raxoi, cedidos polo Concello de Santiago de Compostela. En Fonseca, o Lexislativo galego estivo instalado entre xuño de 1982 e febreiro de 1989. Na foto, unha sesión no Parlamento. Fotos: AG e PG