Ribeira logra a maior consecución de fondos europeos da súa historia: 6,5 millóns de euros que mobilizarán un investimento superior aos 10 millóns

O alcalde, Luís Pérez Barral, amosou a súa satisfacción pola resolución, subliñando que “é unha excelente noticia para Ribeira e para toda a veciñanza, porque estes fondos permitirán acometer investimentos que cambiarán a nosa cidade e mellorarán a calidade de vida da xente”