Construtivamente recórrese a un sistema estrutural dun arco e dúas liñas de piares opostos sobre os que se tensa a cuberta téxtil, o presente proxecto cumpre o Código Técnico da Edificación, satisfacendo as esixencias para cada un dos requisitos básicos de seguridade e accesibilidade. Dende o Concello de Ribeira informan de que a finais de mes procederase a poñer uns puntos de luz no interior e tamén a brigada de obras realizará tarefas básicas de mantemento nalgúns elementos como a varanda perimetral. Esta actuación supuxo un investimento de 97.066,67 euros e forma parte do Plan Provincial de Obras e Servizos POS+ 2023. A empresa encargada de realizar a obra foi Nature Infraestruturas e Servizos, S.L.
O alcalde informou que se están a investir 672.000€ a ese Plan de Mellora de Parques Infantís cos que se actuou nos parques de Banda ó Río, Avesadas, Artes, Carreira e comezaré este mes a obra no parque da Horta do Cura de Palmeira. Pérez Barral asegurou que se van seguir mellorando os parques infantís de maneira progresiva e sobre todo aqueles que se atopan máis deteriorados.