28 junio, 2024
Hoxe nun Lustres Rivas ateigado de veciños/as, concelleiros e entidades sociais comoAmicos, Ambar, A Creba, Xardín Ventureiro, Agadea, Renacer, e IMEGA, tivo lugar un acto institucional e reinvindicativo polo día do Orgullo LGTBI no que falaron o alcalde,Luís Pérez, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e a invitada para o acto Hadriana Ordóñez, psicóloga e experta en educación afectivo-sexual.
Nunha xuntanza moi solemne e emotiva Pérez Barral transmitiu que “esta data non só éunha celebración; é unha data de mobilización e de loita polos dereitos da comunidade LGBT. Hai 55 anos, en 1969, os disturbios de Stonewall en Nova York marcaron o inicio dun movemento que transcendeu fronteiras e uniu a millóns na procura da igualdade e a xustiza”
Pérez Barral engadiu que “sabemos que, lamentablemente, aínda existe unha parte da sociedade que nos nega o dereito para vivir libres e iguais. Hai quen estraña tempos en que se nos negaba ser quen decidimos ser e gozar dos dereitos e liberdades que hoxe temos e seguimos construíndo colectivamente. É crucial lembrar e honrar os fitos e as pegadas da disidencia sexual na nosa propia terra”.
Tamén fixo referencia ás “agresións LGBTIfóbicas, tanto verbais como físicas, nos últimos anos son a manifestación máis extrema da discriminación que sofren as persoas LGBTI e lémbrannos que aínda queda moito por facer para garantir o dereito para vivir de maneira libre e igual, independentemente da identidade de xénero ou orientación sexual que teña cadaquén. Por iso, hoxe dende o Concello de Ribeira queremos facer este acto, porque debemos traballar de forma transversal na prevención de todo tipo de discriminacións. Debemos ofrecer toda a nosa atención a quen o necesite para erradicar toda forma de violencia”.
Na metade do acto déronse lectura a poesías por parte das persoas vinculadas ao tecido social de Ribeira. Hadriana Ordóñez puxo en valor a necesidade de visibilizar a persoas do colectivo que teñen unha vida plena porque hai moitas persoas que seguen tendo obstáculos no seu día a día.
Como epílogo do acto o alcalde invitou a que sigamos construíndo xuntos unha sociedade onde o amor, a igualdade e a liberdade prevalezan sobre o odio e a discriminación.
“Feliz Día do Orgullo LGBT a todas e todos!”