Estas tres instalacións, xunto co Mercado Municipal, terán paneis fotovoltaicos o que supón xerar un aforro económico e avanzar na eficiencia enerxética así como reducir as emisións de carbono. “Con actuacións como estas estamos poñendo o noso gran de area para termos un concello máis sostible, que loite contra o cambio climático ao reducir as emisións e tamén se conseguen aforros económicos a longo prazo” argumentou o alcalde, Luís Pérez Barral.
As instalacións foron adxudicadas á empresa “Cobra Instalaciones y Servicios S.A.U.” porun importe de 263.226€ dos cales 118.867€ se corresponden coa instalación da Fiteira, 119.543€ para o novo auditorio e 24.816€ para a UAD.