21 octubre, 2025
O Concello de Ribeira anunciou unha ampliación do horario de apertura dos cemiterios municipais da cidade e de Palmeira co obxectivo de facilitar ás persoas a visita e o coidado das sepulturas con motivo do Día de Tódolos Santos.
Segundo informou o goberno local, ambos camposantos permanecerán abertos de 09.00 a 19.30 horas, mentres que os días 30 e 31 de outubro, así como o 1 e 2 de novembro, poderán visitarse durante as 24 horas, sen pechar ningunha xornada. Esta medida pretende facilitar que a cidadanía poida adecuar os nichos e sepulturas e render homenaxe aos seus seres queridos nestas datas sinaladas.
A ampliación do horario estará en vigor desde mañá, 22 de outubro, ata o 2 de novembro, ambos inclusive. Unha vez rematado este período, retomaranse os horarios habituais de inverno: en Ribeira, de 09.00 a 18.30 horas (pechado os xoves), e en Palmeira, de 09.00 a 18.00 horas (pechado os luns).