10 agosto, 2024
O alcalde de Rois, Ramón Tojo, visitou esta semana as obras que está a cometer o Grupo Cortizo para unir cunha senda peonil a rotonda de accso á estrada AC-301 coa aldea de Seira.
Ramón Tojo mostrouse moi satisfeito co avance dos traballos, así como co xeito en que se están realizando e os materiais utilizados.
Esta obra, financiada na súa totalidade por Cortizo respondendo a unha demanda do propio alcalde, inclúe o cambio de alumeado no treito polo que transcorre a senda peonil.
Ramón Tojo incide en que o acondicionamento da vía contribuirá a facer moito máis atractiva a contorna, ademais de mellorar a seguridade tanto para vehículos como para peóns.