6 agosto, 2024
O escritor e xornalista Ramón F. Reboiras presentará o seu novo libro, «El chevrolet de Pessoa», este mércores na Casa da Cultura do seu pobo, ás oito da tarde.
No seu novo volume, Reboiras utiliza uns versos do poeta luso Fernando Pessoa como fío condutor da novela: «Na estrada de Sintra, cada vez máis preto de Sintra. Na estrada de Sintra, cada vez menos preto de min». A través deles, narra escenas dunha vida en declive, onde se poden atopar humor, compañeirismo e familia.
Reboiras presentou «El chevrolet de Pessoa» en marzo en Madrid, nun acto que contou coa entrevista da xornalista Karmentxu Marín, a recitación de poemas de Pessoa por Marta Barriuso e a presenza do Director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez.
Nado en Dodro (1961), Reboiras ten unha destacada traxectoria xornalística: foi xefe da sección de cultura de El Independiente, director de Cinemanía, redactor xefe de Rolling Stone e director cultural da Fnac en España. Tamén foi columnista na edición galega de El País, colaborou en Babelia e Harper’s Bazaar e dirixiu a revista de viaxes Orizon. Actualmente, dirixe a revista mensual Tinta Libre.