Edición da Zumba Class Solidaria.
27 enero, 2025
Preto de 200 persoas asistiron este sábado á tarde á terceira edición da Zumba Class Solidaria, celebrada no pavillón municipal do Forte de Boqueixón. A actividade, organizada polo Concello de Boqueixón, consolidouse como un evento de éxito tras as dúas primeiras edicións celebradas en 2023.
O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, agradeceu a solidariedade das persoas asistentes, que contribuíron achegando material de hixiene persoal e do fogar para causas sociais. Ademais, destacou o compromiso dos establecementos comerciais locais, que doaron agasallos sorteados entre os participantes.
Entre os asistentes había persoas de todas as idades, que gozaron das coreografías preparadas por oito monitoras de zumba, tanto locais como doutros municipios da contorna.
A masterclass de zumba tivo unha duración de máis de dúas horas e contou cunha gran participación. Esta actividade xurdiu en 2023 por iniciativa de persoas inscritas na actividade de zumba das escolas deportivas municipais e, desde entón, o Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón asumiu a súa organización como un evento anual.
A xornada rematou cun sorteo de agasallos, cortesía de empresas da zona como Talleres González (Camporrapado), Ferretería Torres (Rodiño), Queixería Bo-Queixo (Orto), Librería Lino (Lestedo), Supermercado Casa Castro (Lamas) e Supermercado Spar (Camporrapado).
A Zumba Class Solidaria volveu demostrar que o deporte e a solidariedade poden ir da man, promovendo o apoio social mentres se desfruta dunha tarde de actividade física e convivencia no municipio de Boqueixón.