Mariño agradeceu o estar arroupado polos presidentes/as dos clubs de xubilados, e informou que neste ano adiantouse a convocatoria por petición dos usuarios dos propios cursos en anteriores edicións.
Preinscricións:
As prescricións comezaran o 1 de setembro e poderanse anotar:
a) Departamento da concellería de Servizos Sociais
b) No taboleiro de anuncios da web do concello: https://bit.ly/4dWhJ4S
c) Nas dependencias do concello (auditorio vello).
Mariño recalcou que para a programación dos obradoiros a concellería fixo un esforzo económico importante para a gratuidade dos mesmos, esforzo que redundará nunha maior oferta e calidade para os usuarios.
Obradoiros:
1. Aula sociocultural para maiores (memoria)
2. Enriquecemento educativo (reforzo). Aguiño e Ribeira.
3. Lingua e cultura galega (Servizo de Normalización)
4. Conversa en inglés
5. Artes plásticas
6. Taek-Health
7. Ximnasia adaptada
Os obradoiros serán impartidos por persoal do concello e tamén se disporá de dúas psicólogas. O día 7 de outubro comezarán os obradoiros e nos primeiros días do mesmo se publicarán as listas e os horarios definitivos.