Suárez-Puerta anunciou as datas das actuacións o 5 e 6 de xullo, e sinalou que “este festival busca ensalzar a narración oral e poñer en valor distintos espazos dos concellos onde se levan a cabo”. O festival será de balde.
O venres 5 ás 21.00 h no lavadoiro de Penisqueira teremos a narración oral de María da Pontragha “A voltas cos contos”. O sábado, 6 de xullo ás 21.00 h no parque de San Roque presentarán “Contos da revolución entre Brassens e Neira vilas” con Dani Blanco e Zé Pomar onde farán unha viaxe musical e narrativa dende a cidade porteña aos barrios do Paris máís revolucionario do pasado século XX.