As festas patronais de Santa Uxía vanse a celebrar o vindeiro xoves día 12 setembro (Día de Santa Uxía), o venres 13, o sábado 14 e o domingo 15. Cun cartel moi variado de actividades culturais e musicais na que sobresae o espectáculo musical da Orquestra Mondragón co polifacético Javier Gurruchaga que se vai celebrar o día 14 ás 23:00 h na praza da Porta do Sol.
Suárez-Puerta degrañou toda a programación das festas e comentou que “é un cartel para tódolos gustos e idades” a continuación comentou “queremos potenciar e poñer en valor esta festa. Tamén informou que as bombas de palenque do día 12 botaranse ás 9, 12 e ás 13 horas.
Alfonso Mera recordou que o día 12 ás 12:00 h celébrase a misa pola Patroa na que virá a cantar “A Coral Cee” entre outros invitados para a ocasión; despois da procesión haberá un ágape multicultural.
Paula Chouza presentou a “Festa Oitententeira” que vai a ter lugar o segundo sábado de setembro, “xa se fixo o ano pasado, este ano ampliamos o número de locais participantes e vaise a celebrar ao logo do día; implicarase ao comercio local e ao resto da hostalería para participar decorando e tamén á veciñanza disfrazándose da década en cuestión para participar nunha ruta que se programará nestes días” finalizou Paula.
A concelleira de Cultura anunciou unha nova edición da “Ruada do Traxe” o sábado 14 ás 19:00 h na que o concello colabora ca Asociación “Aires de Dorna” nesta IV edición.
Por outra banda anunciou unha nova inauguración dunha nova exposición no Lustres Rivas o vindeiro venres 13 e se chamará “Camiño da Arte” na que se fai unha exposición de diferentes artistas nos locais e escaparates do comercio local, “fomentando o nexo, comercio, artistas e cultura” sinalou Antía.