Aactividade consistirá nunha charla na cal participarán dous deportistas, Lidia Parada, atleta de lanzamento de xavelina, Alex Vidal, parataekgondista, e un psicólogo experto en psicoloxía do deporte, Cristhian Fernández. Tras as intervención haberá rolda de preguntas.
Ás 12:00 h do xoves día 10 o “Día Mundial da Saúde Mental” haberá unha mesa redonda no Auditorio vello sobre a saúde mental dende a perspectiva sanitaria e social na que intervirán a Deputada de Política Social de A Coruña, Mar García Vidal, o Xefe de Servizo da Área de Psiquiatría do CHUS, Dr. Mario Páramo Fernández, a Psiquiatra da Unidade de saúde Mental do Hospital da Barbanza, Dra. Carmen Armas Barbazáne a Traballadora Social do Centro de Saúde de Ribeira Isabel Fernández Lema.
Vila falou da mesa redonda e da importancia de falar do tema sanitario tendo en conta o eido social, invitou á veciñanza a asistir “porque parécenos importante que a poboación teña interese e información sobre a saúde mental e de como se está traballando neste eido a día de hoxe” sinalou Montserrat.
Recordou que tamén está en marcha o I Concurso de Relatos Breves con catro categorías, adolescente (12-16 anos), xuvenil (16-30 anos), adulta (>30) e diversa (>16 con diversidade funcional). Os relatos terán que estar escritos en galego, e deben ser orixinais e inéditos cunha extensión máxima de mil palabras (sen incluílo título) e cunha temática sobre saúde mental, en tódolos seus aspectos, enfermidades, estigmatización e prexuicios, así como todo aquilo relacionado ca temática.
Rematou o acto o doutor e concelleiro de Sanidade dicindo que “cando falamos de saúde mental, temos que quedarnos ca palabra saúde; nos esquecemos do que é a saúde mental e pensamos no que sae nas películas e a saúde mental inclúe un espectro moito máis amplo que as patoloxías, xa non só as orgánicas senón tamén das derivadas do tipo de civilización que nos guste ou non, nos tocou vivir e neste senso nosa civilización occidental está experimentando un aumento acusado da patoloxía funcional mental” finalmente agradeceu o labor da asociación polo seu esforzo e a importancia de dar a coñecer os problemas da saúde mental