Nesta edición acompañarannos artistas chegados do outro lado do Atlántico e tamén formacións e escolas galegas que promoven estes ritmos destacando ademais dj´s como Jonhy Salsa Nic e Gerardo.
“Salsa na Rúa” desenvolverase ao longo da xornada do sábado pero xa o venres comezarán ás 18:00 h cunha exhibición de baile moderno e latino en Alcalá Galiano, con Laura Botana, Sergio García, Johny e Ceci ou Orlando pero tamén shows no García Bayón a partir das 17:15 h.
Orlando informou da complexidade do evento, “o evento se proxecta en toda Ribeira, García Bayón, Alcalá Galiano, Malecón; mover un espectáculo con 53 invitados foráneos e 63 alumnos da academia, todo iso implica un tempo de organización e un traballo laborioso” tamén quixo agradecer ao Concello de Ribeira pola implicación e tamén aos establecementos colaboradores que son máis de 53.
“Quero agradecer á toda a asociación Haveira e a escola de baile “Tomasón” pola proposta, e que continúe con estas actividades porque penso que axuda a potenciar e mostrar a multiculturalidade e a diversidade que aporta Ribeira, apoiamos a cultura galega pero somos conscientes de que vivimos nun concello dinámico e diverso e que lle temos que dar cabida a outras culturas que contribúan ao enriquecemento do tecido cultural da cidade” sinalou a concelleira de Cultura.
Suárez-Puerta amosou tamén a súa gratitude á asociación e á escola e afirmou “que é un estilo musical que cada vez pega máis que está moi introducido en Ribeira e ten bailaríns cun nivei altísimo” e rematou “ nos somos os que lle temos que dar as grazas porque van a sacar o seu arte á rúa e vai a permitir que tódolos veciños gocen del; invitamos a todo o mundo que veña e baile nesta nova edición”.
Xa o sábado dende a mañá, ás 10:00 h, tamén na rúa Alcalá Galiano contaremos con obradoiros e exhibicións con Aykan, Diogo e Patricia ou Nuno Carvalho; será no Paseo do Malecón onde teremos pola noite un escenario para acoller a gran gala de clausura a partir das dez para rematar de novo en Alcalá Galiano son Social SBK dende as 23:30 h aproximadamente.