6 octubre, 2025
O Concello de Porto do Son vén de dar por rematada a terceira fase do proxecto de mellora eficiente da iluminación pública, unha actuación que abrangué as parroquias de Baroña, Caamaño, Xuño, Noal, Nebra, Goiáns e Miñortos.
O proxecto, cun investimento total de 505.143 euros, permitiu renovar 1.050 puntos de luz, substituíndo as antigas luminarias por modernas tecnoloxías LED. Ademais, instaláronse 16 novos centros de mando e renováronse 25 existentes, incorporando un sistema de xestión remota que facilita o control e o mantemento da rede. Tamén se melloraron as conexións a terra e se renovou o cableado, garantíndose así unha iluminación máis segura e eficiente.
A iniciativa foi financiada de xeito conxunto co Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), a través do programa DUS 5000, que achegou 429.371 euros, mentres que o Concello completou a financiación coas achegas restantes, por valor de 75.771,52 euros.
Grazas a esta actuación, máis do 80 % das luminarias do municipio funcionan xa con tecnoloxía LED, o que se traduce nun aforro enerxético mensual estimado do 70 %.
Fundado no século XII. Conserva a igrexa e parte dos edificios monásticos. De estilo cisterciense, a igrexa do Mosteiro de Santa María de Meira ten 70 metros de longo e 14 metros de alto e é un dos mellores exemplos desta tipoloxía en Galicia. Segue o estilo austero desta orde relixiosa e foi consagrado o 3 de xuño de 1258 polo Bispo Martín de Lugo, tendo lugar unha concorrida feira para celebralo. Fotos: Concello de Meira