24 noviembre, 2025
O Concello de Porto do Son vén de iniciar os traballos dun novo mural na entrada da vila, unha intervención artística concibida como elemento de cohesión social e cultural que busca embelecer o espazo público e reforzar a identidade mariñeira que caracteriza ao municipio. A obra pretende poñer en valor tradicións, símbolos e elementos naturais que definen a esencia sonense.
Os concelleiros Carlos José Lorenzo e María José Maroñas participaron nas primeiras pinceladas do mural, nunha actividade na que tamén colaboraron alumnos e alumnas do IES de Porto do Son. A xornada desenvolveuse como un taller formativo dirixido polo muralista Doctor Toy, que explicou ao alumnado as técnicas da arte mural e introduciu o concepto de artivismo como ferramenta de expresión social.
A iniciativa busca fortalecer a conexión da mocidade coa localidade e coa súa identidade mariñeira a través da creatividade, destacando o papel dos máis novos como axentes activos de cambio e participación comunitaria.
A obra enmárcase no proxecto 9 murais participativos do GALP Costa Sostible e está previsto que se complete ao longo do próximo ano. O mural recolle algunhas das tradicións máis representativas de Porto do Son, como a pesca, o traballo das redeiras ou o marisqueo, xunto coa súa contorna natural, na que o mar, o monte Louro, a vida mariña e mesmo o Camiño de Santiago se converten en protagonistas visuais.
A intervención utilízase, ademais, pinturas fotocatalíticas capaces de absorber CO₂, contribuíndo así ao coidado do medio ambiente e incorporando un valor engadido sostible ao proxecto.
Algunos de los principales telescopios espaciales de rayos X han detectado una explosión nunca antes vista proveniente de un agujero negro que se esconde en una galaxia lejana y que en cuestión de horas generó poderosos vientos que expulsaron material al espacio a unas velocidades vertiginosas de 60.000 kilómetros por segundo. En la imagen, una recreación de esa explosión. Imagen: ESA