8 octubre, 2025
Mañá, xoves 9 de outubro, o Concello de Pontecesures conmemora o cento aniversario da constitución da súa primeira corporación municipal, que tivo lugar en 1925. Para celebrar esta efeméride, o goberno local organizará un pleno extraordinario acompañado de diversos actos institucionais e culturais.
A celebración dará comezo ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello, coa recepción aos asistentes, seguida das intervencións dos tres grupos municipais. O acto inclúe a interpretación da tradicional Muiñeira de Cesures, un símbolo da identidade cultural do municipio.
Ás 20:30 horas proxectarase un documental conmemorativo, que repasará a historia e evolución da corporación municipal ao longo deste século. Ao remate das proxeccións, o Concello ofrecerá un espectáculo pirotécnico, que pechará a xornada festiva.