Javier Figueroa (1º esquerda), do Grupo Cortizo; Fernando Rodríguez (3º esquerda), do grupo Foco; Anxo Arca, alcalde de Padrón e Xosé Gacía Lapido, da Fundación Rosalía
13 octubre, 2025
O Concello de Padrón presentou hoxe a primeira edición da Mostra de Cinema Galego FOCO, que se celebrará os días 17, 18 e 19 de outubro en diferentes espazos da vila. A iniciativa, organizada en colaboración coa Corporación Cortizo, a Fundación Rosalía de Castro e o colectivo FOCO, nace co obxectivo de crear un espazo estable de encontro arredor do cinema galego, combinando proxeccións, coloquios, actividades musicais e propostas para todas as idades.
O programa inaugural inclúe a proxección do biopic ‘Antes de Nós’, dirixido por Ángeles Huerta, que aborda a figura de Castelao e a súa relación con Virxinia Pereira en dous momentos cruciais das súas vidas. O pase terá lugar o venres 17 ás 19.00 horas no auditorio do Parque Tecnolóxico Cortizo e irá acompañado dun coloquio co guionista Pepe Coira, referente da ficción galega contemporánea.
O sábado 18 de outubro a programación trasladarase á rúa Real, coa actividade infantil ‘A Caixiña de Mistos’, o chamado cine máis pequeno do mundo, que ofrecerá curtametraxes para público familiar entre as 11.00 e as 14.00 horas. Pola tarde, o Auditorio da Casa de Rosalía proxectará ‘A poeta analfabeta’, documental de Sonia Méndez sobre a poeta e activista Luz Fandiño, seguido dun coloquio coa produtora Nati Juncal. A xornada pecharase cun concerto de O’Leo de Matamá ás 20.00 horas.
O domingo 19 de outubro, a Mostra culminará no Auditorio de Padrón ás 18.00 horas coa proxección do documental ‘A loita final’, dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, que analiza as consecuencias sociais e ambientais do proxecto industrial de ALTRI en Palas de Rei. Tras o pase celebrarase unha charla co director e a entrega do I Foco de Honra á actriz Mabel Rivera, recoñecendo a súa traxectoria no cinema, teatro e televisión en Galicia e no ámbito internacional.
O alcalde de Padrón, Anxo Arca, destacou a importancia dos diferentes espazos que acollerán a Mostra: “Eramos conscientes de que en Padrón existían lugares que podían conferir dignidade a esta iniciativa. Quero agradecer á Corporación Cortizo e á Fundación Rosalía de Castro a súa excelente disposición, xa que contan con instalacións especialmente acaídas para este propósito”. Arca subliñou tamén a aposta pola participación de todos os públicos e a vontade de consolidar FOCO como unha cita relevante dentro da oferta cultural da vila.
Ademais das proxeccións, a Mostra inclúe a iniciativa ‘Un comercio de cine’, que ata o domingo 19 exhibirá nos escaparates de diversos establecementos programas de man das antigas salas de Santiago de Compostela, oferecendo unha viaxe pola memoria cinematográfica da contorna.
Foto de archivo con el director artístico del Festival de Sanremo, Amadeus (izda), el músico italiano Beppe Vessicchio (3-izda) con miembros de la banda italiana Le Vibrazioni y la cantante Sophie Scott (3-dcha) de la banda británica Sophie and The Giants en el escenario del teatro Ariston durante el 72º Festival de la canción Italiana de Sanremo, en Sanremo, Italia, 04 de febrero de 2022. EFE/EPA/Riccardo Antimiani