20 junio, 2024
As nenas e nenos usuarias da Rede municipal de comedores escolares xantaron hoxe hamburguesa con patacas fritas, un menú elixido previamente nas elección feitas días atrás. Nesta ocasión, por segundo ano consecutivo, impúxose a hamburguesa. O primeiro prato, puré de verduras, foi escollido pola nutricionista municipal. A sobremesa, que tamén a elixiu o alumnado, foi o xeado artesán de vainilla. Este foi o décimo oitavo ano no que se celebraron estas peculiares eleccións nos comedores escolares.
As usuarias e usuarios da Rede municipal de comedores escolares manteñen as súas preferencias este ano para despedir o curso. Por segunda vez o alumnado elixiu a hamburguesa con patacas fritas para o menú de fin de curso que se serviu hoxe, penúltimo día de clase, xa que o venres unha gran parte do alumnado xa come nas súas casas.
Este foi o décimo oitavo ano no que se celebraron estas peculiares eleccións nos comedores escolares. Nesta ocasión, o alumnado tivo que escoller entre seis posibilidades: albóndegas con arroz e salsa de tomate, pizza de xamón e queixo, churrasco con patacas fritidas, hamburguesa con patacas fritidas, peituga rebozada (nugets) con pasta tricolor e salmón con arroz.
Dende o 2011 o churrasco con patacas fritas gañou en nove ocasións e a pizza de xamón e queixo dúas veces. En 2011, 2012 e 2013 gañou o churrasco, mentres que en 2014 e 2015 impúxose a pizza. Os seis últimos anos volveu a gañar o churrasco como o prato favorito dos nenos e nenas da Rede municipal de comedores escolares ata o ano pasado que por primeira vez se impuxo a hamburguesa.
Por outra banda, a listaxe de opcións de sobremesa contiña cinco opcións que eran o iogur artesán con melocotón, xeado artesán de vainilla, xeado polo, flan con nata e amorodos con nata. Para a sobremesa elixiron xeado artesán de vainilla.
A nutricionista elixe un prato
O Concello fai valer a súa representatividade para elixir outro prato que completa o menú de fin de curso, de maneira que dúas comidas son decisión dos cativos e outra vén definida pola dirección da Rede municipal de comedores escolares. Deste xeito, o primeiro prato que se serviu foi puré de verduras.
Outro obxectivo que se busca con estas eleccións é que o alumnado aprenda os valores dunha educación en democracia e a respectar o que elixe a maioría. Ademais esta actividade serve para que o Concello coñeza os gustos e preferencias dos máis cativos a hora de xantar.