Photocall cos persoaxes do mercado medieval
7 julio, 2025
As personaxes do Bosque Viviente animaron a mañá deste domingo 6 de xullo a Feira Medieval de Padrón e o mercadillo dominical. Acompañados pola música de Turdión percorreron os rúas do casco histórico ante a sorpresa do público presente.
Numerosas persoas percorreron durante todo o día a Feira Medieval, con máis de oitenta postos de artesanía, alimentación e obradoiros de oficios antigos. A cativada estivo gozando cos xogos tradicionais e animouse a facer fotos cos personaxes do mercado, que a última hora da mañá se achegaron ata a praza de Baltar.
Pola tarde, o Bosque Viviente volveu percorrer as rúas do casco histórico e houbo espectáculo de maxia infantil na praza de Macías. Un pasarrúas musical puxo o colofón a esta décimo oitava edición dunha Feira Medieval que se despediu ata o vindeiro ano co peche do mercado á medianoite.