O centro sociocomunitario de Frades pecha o curso cunha festa chea de vida e boas conversas.
4 junio, 2025
O centro sociocomunitario de Frades converteuse esta mañá nun espazo de celebración e emoción coa festa de fin de curso organizada para os maiores que participaron nas actividades anuais gratuítas promovidas polo Concello.
A cita tivo lugar no local de Ponte Carreira, onde os asistentes gozaron dunha mañá de lecer, café e boas conversas. Ao seu carón estivo o concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, quen aproveitou a ocasión para intercambiar impresións coas persoas usuarias e recoller ideas para futuras propostas.
Durante o curso 2024-2025, os maiores tiveron á súa disposición unha ampla variedade de actividades: obradoiros de memoria, ximnasia, manualidades, cociña, pintura… e moitos momentos compartidos. «Queremos un centro vivo, que funcione a diario e sexa un punto de encontro para a veciñanza», asegurou Ferreiro, quen tamén destacou o éxito das actividades puntuais organizadas ao longo do ano.
A xornada de hoxe non foi unha despedida calquera: foi unha mostra de que o envellecemento activo é posible e moi divertido.
Foto de archivo con el director artístico del Festival de Sanremo, Amadeus (izda), el músico italiano Beppe Vessicchio (3-izda) con miembros de la banda italiana Le Vibrazioni y la cantante Sophie Scott (3-dcha) de la banda británica Sophie and The Giants en el escenario del teatro Ariston durante el 72º Festival de la canción Italiana de Sanremo, en Sanremo, Italia, 04 de febrero de 2022. EFE/EPA/Riccardo Antimiani