29 octubre, 2024
O CEACOG inaugurou hoxe as medidas de accesibilidade cognitiva no centro de saúde de Oroso, que se converte no primeiro de toda Galicia en contar cunha sinalización adaptada para que as persoas usuarias poidan orientarse e comprender mellor a información.
Estas medidas permitirán que todas as persoas poidan moverse de forma máis sinxela e segura polo centro, beneficiando especialmente a persoas con dificultades de comprensión, como aquelas con discapacidade intelectual, autismo ou parálise cerebral.
No acto estiveron presentes o alcalde de Oroso, Álex Doval, a concelleira de Serzivos Sociais, Lidia López, o director de Humanización e Atención á Cidadá da Área Sanitaria de Santiago – Barbanza, Juan Manuel González, o vicepresidente de FADEMGA. Plena inclusión Galicia, Carmen Taboada e as codirectoras do Centro Español de Accesibilidade Cognitiva (CEACOG), Blanca Tejero e Raquel Cárcamo entre outras, así como de persoas do equipo encargado de avaliar e adaptar as medidas de accesibilidade.
Tres destas persoas presentaron a nova sinalética, un paso importante para facer de Oroso un concello máis inclusivo.