Imaxe da psicina de Oroso
24 abril, 2024
O Concello de Oroso anunciou que a súa Piscina Municipal abrirá de forma anticipada o vindeiro día 27 de abril, marcando así o inicio oficial da tempada de verán.
Ubicada en Sigüeiro, esta ofrece un espazo ideal para a relaxación e diversión para residentes e visitantes por igual, contando con instalacións modernas e un ambiente seguro e acolledor, sendo o lugar perfecto para escapar do calor estival.
Ademais de proporcionar un refuxio refrescante durante os meses máis cálidos, «a piscina tamén desempeña un papel fundamental na promoción dun estilo de vida activo e saudable entre os nosos cidadáns. Cun enfoque na saúde e o benestar, o Concello de Oroso comprométese a ofrecer un ambiente propicio para o exercicio e a recreación», sinalan dende o Concello.
«A apertura da Piscina Municipal de Oroso é un momento moi agardado para a nosa comunidade», declarou o alcalde de Oroso, Alex Doval. «Esperamos dar a benvida aos nosos veciños e visitantes ás instalacións!».