16 octubre, 2025
O Concello de Carnota, organiza unha actividade única para gozar da beleza do ceo nocturno e descubrir os segredos da astronomía cultural da man do divulgador Antón Bouzas o vindeiro sábado 15 de novembro ás 20:30 h.
Durante esta noite especial, os participantes poderán observar estrelas, constelacións e outros corpos celestes, mentres aprenden sobre a relación entre o ceo e as culturas tradicionais. A actividade está dirixida a todos os públicos e non require coñecementos previos.
O punto de encontro será no acceso á praia de Carnota (na zona asfaltada, antes do inicio da pasarela) e a duración da actividade será de 3 horas aproximadamente.
As prazas están limitadas a un máximo de 50 persoas que se formalizarán por orde de inscrición.
O custe da actividade é de 3 € por persoa, a ingresar no número de conta do Concello: ES84 2080 0334 8731 1000 0035.
Para formalizar as inscricións é necesario cumprimentar o seguinte formulario.
Recoméndase levar roupa de abrigo e, opcionalmente, algo para sentar ou pousar no chan. Pódense traer prismáticos particulares.
Contamos contigo para vivir unha experiencia inesquecible baixo as estrelas!
El Iberik Gran Balneario de Guitiriz es un lugar emblemático ubicado a medio camino entre A Coruña y Lugo, en una finca con una superficie de más de 40 hectáreas. Con más de un siglo de historia, este complejo combina la tranquilidad histórica con instalaciones modernas, creando una experiencia única para los visitantes. Ha sido totalmente reformado en 2022 y cuenta con 103 habitaciones y diferentes salas con capacidades para albergar eventos desde 15 a 200 asistentes. Ubicado a menos de 1 hora del aeropuerto de Santiago y a 30 minutos del de A Coruña, sus amplios espacios exteriores, pistas deportivas y sus jardines lo convierten en una opción excelente para celebrar eventos de carácter social o corporativo. Fotos: Iberik Gran Balneario de Guitiriz
