5 octubre, 2024
Hoxe 5 de outubro, as instalación da Aula da Natureza acolleron o terceiro e último obradoiro de “Doce Outono”, incluído na programación da Aula da Natureza para o último trimestre do ano. Tratouse dun obradoiro para aprender a elaborar marmeladas, confituras e chutneys. Nesta actividade participaron 15 adultos. Esta actividade foi impartida polo persoal do obradoiro de cociña Hello Cooking. Deste xeito, impartiuse un obradoiro practico onde os participantes cociñaron, envasaron e etiquetaron as preparacións elaboradas seguindo receitas dunha conservación segura.
Previamente, o pasado 28 de setembro impartiuse un obradoiro de cosmética con mel de Galicia. Nesta actividade participaron 20 persoas adultas que fixeron unha breve introdución teórica dos recursos aproveitables da colmea; elaboración de tintura de própole; xabón de glicerina con mel, polen e tintura de própole; crema corporal con mel; ungüento reparador; e unha cara de mel.
Tratouse dun obradoiro moi práctico no que ao final da actividade todos os asistentes levaron as súas creacións para casa e co que se pretendeu achegar aos participantes ao mundo natural, da saúde e do respecto ao medio ambiente, podendo aplicar os coñecementos no fogar ou comezar un novo negocio e enfoque de vida. Este obradoiro foi impartido por persoal da empresa Baumé, que conta con formación especializada acreditada no campo educativo e cosmético, con ampla experiencia no desenvolvemento de produtos cosméticos no mercado actual, no desenvolvemento de marcas e no campo educativo.
Para o público infantil impartiuse un obradoiro de marmelos e confitura, o pasado 21 de setembro, no cal participaron 30 nenos e nenas de 6 a 14 anos. A rapazada participou nunha ruta para coller froita, e posteriormente, aprendeu a elaborar doce de mazá e confitura de moras. A través destas actividades promoveuse o aproveitamento sostible dos alimentos.