8 octubre, 2025
O Concello de Porto do Son, xunto a Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un obradoiro gratuíto sobre alimentación saudable o vindeiro 16 de outubro.
A formación terá lugar na Asociación de xubilados de Porto do Son, en horario de 10:30 a 13:00 horas.
Os contidos xerais do curso tratarán a tipoloxía de alimentos (pirámide alimentaria) e tamén o papel dos hábitos alimentarios no crecemento e desenvolvemento, na saúde e na prevención da enfermidade. Tamén se tratarán recomendacións para unha alimentación saudable e unha formación para aprender a ler as etiquetas de nutrición.
Este obradoiro ten o obxectivo de que as persoas asistentes adquiran beneficios dunha boa alimentación, así como que poidan adquirir coñecementos sobre alimentación que se poidan implementar na vida diaria.
As persoas interesadas poderán inscribirse, ata o 10 de outubro, a través do correo electrónico: maria.santos.lemina@portodoson.gal ou a través desta ligazón. Prazas limitadas.