O último pleno municipal de carácter extraordinario celebrado onte no Concello de Curtis acordou de forma unánime a participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ ADICIONAL 3/2024” da Deputación Provincial da Coruña así como a participación na segunda fase do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competenciamunicipal (Plan único de concellos) “POS+ ADICIONAL 2/2024” da Deputación Provincial da Coruña.
En canto ao primeiro (POS + Adicional 3/2024) percibirase un total de 37.773,18 euros. Estos fondos serán aplicados a gastos correntes.
No que se refire ao POS + Adicional / 2024, con esta aprobación o Concello percibirá un total de 137.836, 87 euros de achega provincial que se destinarán á rehabilitación do firme existente no camino Paradela – A Labrada (Foxado), “unha obra esencial para mellorar a infraestructura vial local e garantizar a seguridade e comodidade dos veciños” explicaba o alcalde, Javier Caínzos.
Coa aprobación destes puntos, o Concello reafirma o seu compromiso coa mellora dasinfraestructuras e o benestar da comunidade.