Pleno municipal ordinario do Concello de Oroso,
30 noviembre, 2025
O Pleno do Concello de Oroso celebrou o pasado xoves a súa sesión ordinaria, na que se aprobaron asuntos fundamentais para o futuro inmediato do municipio. Entre eles destaca a aprobación dos Orzamentos 2026, o documento económico máis importante do ano.
O Pleno aprobou os orzamentos municipais para o ano 2026 cos votos favorables do Grupo Municipal do Partido Popular, tras un debate no que se puxo de manifesto a importancia dunha planificación económica seria, estable e orientada ao investimento.
As contas para 2026, por un total próximo aos 9 millóns de euros, caracterízanse por:
Tal e como recolle o documento presentado polo goberno local , estes orzamentos responden a un modelo de vila moderna, sostible e centrada nas necesidades reais da veciñanza. O alcalde, Álex Doval, subliñou no Pleno que “son unhas contas responsables, equilibradas e pensadas para seguir transformando Oroso e protexer ás familias”.
Ademais, se se engaden as achegas pendentes da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña para proxectos xa comprometidos, o volume total de investimento no municipio superará os 3,3 millóns de euros, converténdose nun dos exercicios con maior capacidade inversora da última década.
O Pleno aprobou por unanimidade o Plan Estratéxico de Subvencións 2025–2027 e o POS Adicional de Gastos Sociais, reforzando o compromiso municipal co tecido asociativo, as familias e os colectivos máis vulnerables.
As tres mocións presentadas polos grupos municipais foron aprobadas, dúas do Grupo Municipal Popular e outra do Grupo Municipal Socialista, coincidindo todas na necesidade de instar ás administracións competentes a reforzar investimentos, servizos e infraestruturas en Oroso, garantindo unha mellor resposta ás demandas cidadás.
O Concello de Oroso valora positivamente o ton da sesión e destaca que estes acordos permiten continuar avanzando na boa dirección, cun modelo de xestión responsable, eficaz e centrado no interese xeral.