16 octubre, 2025
O Concello de Rois presenta a súa programación do Outono Cultural 2025, unha completa oferta de espectáculos de cinema, teatro e maxia pensados para diversos públicos, que se desenvolverán durante os meses de novembro e decembro no Auditorio Municipal. Todos os eventos son de entrada libre ata completar aforo.
A programación arrinca o sábado 15 de novembro coa proxección da premiada película As Bestas (NRM13), un drama ambientado na Galicia rural que gañou nove premios Goya, incluíndo mellor película e mellor actor de reparto para o compostelán Luis Zahera.
Os sábados seguintes continuarán as propostas teatrais: o 22 de novembro, a compañía Talía Teatro presentará Bicos con lingua, unha comedia que invita a reflexionar sobre os usos e abusos da lingua galega. O mes pecharase o 29 de novembro coa obra Sen lingua, de Serea Teatro, na que un matrimonio en crise agarda a súa quenda nunha sala de espera dun coach emocional.
Xa en decembro, o ciclo inclúe dúas novas propostas teatrais: o 13 de decembro, Malasombra Teatro traerá a comedia De algo hai que morrer, e o 20 de decembro, Contraproducións subirá ao escenario con Apaga o candil, unha reflexión cargada de humor e ironía sobre a realidade contemporánea. Todas estas funcións comezarán ás 20:00 horas no Auditorio Municipal.
O programa tamén reserva un espazo especial para o público infantil e familiar dentro do ciclo Outono Miúdo, todos os venres ás 18:00 horas. O 21 de novembro, a compañía Teatro Gazafelhos presentará Travesía Unicornio, unha proposta chea de humor que rompe roles tradicionais de xénero, permitindo que a cativada escolla libremente segundo os seus gustos.
Xa nas vacacións de Nadal, o 19 de decembro, o Mago Paco encherá o auditorio de ilusión co espectáculo A maxia do Nadal, e o 26 de decembro proxectarase a película Wonka, unha historia familiar na que a imaxinación e a música se dan a man para narrar os inicios do mestre chocolateiro Willy Wonka.
Foto de archivo con el director artístico del Festival de Sanremo, Amadeus (izda), el músico italiano Beppe Vessicchio (3-izda) con miembros de la banda italiana Le Vibrazioni y la cantante Sophie Scott (3-dcha) de la banda británica Sophie and The Giants en el escenario del teatro Ariston durante el 72º Festival de la canción Italiana de Sanremo, en Sanremo, Italia, 04 de febrero de 2022. EFE/EPA/Riccardo Antimiani