As rochas, o barro e a auga fixeron deste espazo o lugar ideal para poñer a proba as capacidades dos deportistas, que mediron as súas forzas a pesar das malas condicións meteorolóxicas
26 octubre, 2025
Despois de que as condicións meteorolóxicas obrigaran a aprazar a xornada a pasada semana, os motores do Campionato Galego de Trial volveron ruxir en Vimianzo. A cita, organizada polo Moto Club ‘O Petouco’ en colaboración coa Federación Galega de Motociclismo e o Concello de Vimianzo, reuniu dende primeira hora da mañá a competidores de distintas partes de todo Galicia.
As rochas, o barro e a auga fixeron deste espazo o lugar ideal para poñer a proba as capacidades dos deportistas, que mediron as súas forzas a pesar das malas condicións meteorolóxicas.
Foi un circuíto pechado dividido en 10 zonas sinalizadas ao que os pilotos deberán dar dúas voltas en cada unha das categorías establecidas. Estes foron os gañadores:
TR1 – Xurxo Neo Suárez
TR3 – Ángel Froilán Fernández Arosa
TR4 – Yoesdan Hernández Siles
TR5 – Jorge Sánchez Rivas
TR 4 infantil – Marco Labayos Fernández
TR 5 infantil – Kilian Marques Taimil
Alevín – Mateo Cobas Ogando
Clásicas A – Antonio Pérez Orozco
Clásicas B – Esteban Martínez Bello
Foto de archivo con el director artístico del Festival de Sanremo, Amadeus (izda), el músico italiano Beppe Vessicchio (3-izda) con miembros de la banda italiana Le Vibrazioni y la cantante Sophie Scott (3-dcha) de la banda británica Sophie and The Giants en el escenario del teatro Ariston durante el 72º Festival de la canción Italiana de Sanremo, en Sanremo, Italia, 04 de febrero de 2022. EFE/EPA/Riccardo Antimiani