27 mayo, 2024
O IESP de Ames acadou o premio para ser Etwinning School para o periodo 2024-2025.
O IESP de Ames acadou o pasado 13 de maio o premio para ser Etwinning School durante o periodo 2024-2025, tras ser solicitado na convocatoria anual das Etwinning School. Nesta convocatoria, este premio foi acadado en Galicia por 3 centros ( o noso centro e duas escolas de primaria).
Este premio é consecuencia do traballo levado a cabo nos últímos anos na liña de internacionalización establecida no Plan de Formación do Profesorado do centro.
Neste momento hai un grupo de profesores do centro que están traballando en proxectos etwinning e que o proxecto etwinning We love our environment no que IES de Ames participou a través do profesor Roberto Barral con alumnado de Proxecto Competencial de 3º de ESO e Valores Éticos de 4º de ESO no curso 2022-2023 obtivo Selo Europeo de Calidade conxuntamente con escolas de Cantabria, Túnez e Xordania, pemitindo cumprir os requisitos
Durante o periodo 2024-25 o IESP de Ames poderá participar como Etwinning School en grupos de escolas e actividades dirixidas que estén dirixidas a estas escolas
Parabéns para o noso centro e para todos os participantes nos proxectos!