Festival O Tremo.
13 marzo, 2025
O Festival de Cine Galego “O Tremo” celebra a súa terceira edición os días 4 e 5 de abril no auditorio do centro social polivalente de Brión. O evento, organizado polo Concello de Brión e Aldea Producións, proxectará as películas “As Neves” e “+Cuñados” en tres sesións gratuítas para as que xa se poden reservar localidades en bandoticket.com.
A presentación oficial do festival contou coa participación do alcalde de Brión, Pablo Lago, e os representantes de Aldea Producións, Ramón Cordido e Xacobe Sineiro, acompañados polo técnico municipal de Cultura, Alberto Álvarez.
Unha das novidades desta edición será unha sesión especial de “As Neves” para o alumnado do IES Brión, que terá lugar o venres 4 de abril ás 11:00 horas. Os estudantes non só verán o filme, senón que tamén terán a oportunidade de conversar coa súa directora, Sonia Méndez, e cos actores Andrea Varela e David Fernández.
O festival incluirá tres sesións abertas ao público:
O alcalde, Pablo Lago, destacou a gran acollida do festival e a súa importancia para poñer en valor o cine galego, permitindo que os veciños e veciñas de Brión poidan disfrutar do audiovisual en galego e coñecer de preto aos seus creadores. Pola súa banda, Ramón Cordido, de Aldea Producións, subliñou o vínculo cultural de Brión co cine e a integración do festival no municipio, que contará coa participación da Banda de Música de Brión.
O Festival de Cine Galego “O Tremo” conta co apoio de empresas como Gadis, Vagalume Pellets de Madeira, Seguridade A1, Delta Telecom e Hermo Óptica.
As proxeccións son de balde, pero con prazas limitadas. As reservas xa están dispoñibles en bandoticket.com.